Inauguración da exposición ‘Economía Social no corazón da nosa historia’
Inauguración da exposición ‘Economía Social no corazón da nosa historia’

‘Economía social no corazón da nosa historia’, a exposición que pecha o ano da capitalidade de Santiago

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

  • A mostra, impulsada polo Foro pola Economía Social Galega, é un repaso á traxectoria da economía social en Galicia
  • A mostra poderá visitarse no Parlamento de Galicia ata o 27 de xaneiro

O parlamento de Galicia acolleu a inauguración da exposición ‘Economía Social no corazón da nosa historia’, promovida polo Foro para a Economía Social Galega (FOROESGAL) coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e o patrocinio da Caixa Rural Galega.

A mostra, que poderá visitarse ata o próximo 27 de xaneiro, fai un percorrido pola historia da economía social galega e rende homenaxe as todos os seus artífices. Trátase dunha exposición única coa que culminan os actos organizados durante 2022 para celebrar a elección de Santiago como capital española da economía social.

No acto inaugural, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, mostrou a súa satisfacción por acoller na Cámara esta mostra e contribuír a poñer o foco sobre a economía social, un conxunto de actividades de “enorme peso no conxunto da nosa economía" e, aínda así, descoñecida para boa parte da poboación. Santalices expresou o apoio do Parlamento á economía social e a todos os movementos sociais da Comunidade.

Na inauguración tamén participou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que puxo en valor a economía social como fórmula que “axuda a fixar poboación” e abre novas oportunidades para o emprego.

“As entidades de economía social tendes o valor de que non deslocalizades o emprego, isto aporta moito en canto a fixar poboación, en canto ao reto demográfico que temos por diante, especialmente nunha comunidade autónoma moi vinculada ao rural e ao mar”, destacou a conselleira.

A economía social está integrada polas cooperativas, as empresas de inserción, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego e unha amalgama de fórmulas baseadas en valores que, segundo afirmou Lorenzana, representan á comunidade galega.

O presidente de ForoESGal, Celso Gándara, sinalou que esta mostra busca ‘plasmar a diversidade e realidade das empresas de economía social’, que se trata dunha “mostra de historias de persoas”, de xentes que buscaron solucións colectivas aos seus problemas porque “a economía social é unha economía de fronteira, está a onde non chega ninguén”, salientou Gándara. “A economía social nace do pobo, de xente ordinaria que se atreveu a facer cousas extraordinarias”, concluíu.

A mostra

Trátase dunha homenaxe aos pioneiros da economía social na nosa comunidade, para sentirse herdeiros dun modo de entender a economía a escala humana, a través dunha exposición inédita e un libro en galego, que será traducido a varios idiomas.

A mostra está formada por diferentes paneis que debullan a historia deste modelo de facer empresa e país. Os pósitos, as asociacións gremiais, as cooperativas… Fórmulas diferentes que nacen dunha soa motivación: a economía social. Esta exposición é froito do traballo da cooperativa Urdime e a sociedade laboral dehistoria. A historiadora Mercedes Vázquez presentou o proxecto ás persoas congregadas na inauguración e guiounas a través deste relato dos valores, inicios e logros da. economía social.

A mostra percorrerá varias cidades galegas para achegar á sociedade a historia dun modelo de facer empresa no que priman valores como a responsabilidade, a igualdade, a equidade, o coidado da contorna ou a solidariedade.

Inauguración da exposición ‘Economía Social no corazón da nosa historia’
Inauguración da exposición ‘Economía Social no corazón da nosa historia’
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar